RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Catro partidos de #ANOSACANTEIRA adiántanse á fin de semana, tres deles mañá xoves

Catro partidos de #ANOSACANTEIRA adiántanse á xornada da fin de semana.

Mañá xoves 25 de novembro, o Infantil, que pelexa co CD Lugo polo liderado do subgrupo B norte da Liga Galega, recibe en Abegondo ao Viveiro SD ás 18:30 horas no campo 4.

Tamén mañá na Cidade Deportiva pero ás 19:00, e á espera de coñecer o calendario de liga, Fabril FC Alevín e Fabril FC Benxamín disputan amigables ante o Atlético Coruña Montañeiros CF no campo de herba sintética.

O venres 26, en Abegondo ás 17:30, haberá duelo no máis alto do subgrupo A da División de Honra cadete. Fronte a fronte estarán o líder, o Dépor con 22 puntos ante o seu inmediato perseguidor, un San Tirso SD que ten 15 puntos.

O resto de equipos de #ANOSACANTEiRA xogan a fin de semana. En Tercera RFEF, o Fabril, após tombar ao líder UD Somozas en Abegondo, visita o domingo 28 de novembro ás 16:30 ao CSD Arzúa.

Pola súa banda, o Deportivo ABANCA B, no grupo 1º de Primeira Nacional, enfróntase o sábado na Cidade Deportiva (16:00 horas) ao Victoria FC coa inxección de moral que supón para as branquiazuis o triunfo do pasado domingo en Xixón no minuto 93.

Ademais, o sábado 27 compiten en casa o Orzán SD Cadete Feminino (12:00 na Torre ante o Sárdoma CF), Orzán SD Infantil Feminino (16:00 no campo Víctor Fernández Alonso da Coruña ante o Victoria CF), Xuvenil A (16:15 en Abegondo ante o ED Val Miñor Nigrán) e Alevín A e Benxamín A (11:00 e 10:00 no campo de herba sintética de Abegondo ante Orillamar SD e CD Calasanz). Estes dous últimos equipos tamén están pendentes de coñecer o seu calendario ligueiro.

Fóra de casa e tamén o sábado, o Xuvenil B, situado a tres puntos do líder, mídese ás 16:00 nos Remedios ao Pabellón Ourense CF B.

Finalmente o domingo, ademais do citado partido do Fabril en Arzúa, o Orzán SD Xuvenil Feminino visita ás 12:00 á SD O Val na Primeira División Galega, subgrupo A.

O calendario de partidos é o seguinte:

Tercera RFEF
13ª xornada: CSD ARZÚA - FABRIL, o domingo 28 de novembro ás 16:30 no campo do Viso
Clasificación: 1. UD Somozas, 25 puntos; 2. Polvorín FC (un partido menos), 24 puntos; 3. CD Barco, 23 puntos; 4. Fabril (un partido menos), 21 puntos; 5. Rápido de Bouzas (un partido menos), 19 puntos; 6. Ourense CF (dous partidos menos), 18 puntos...

Categoría feminina
11ª xornada: DEPORTIVO ABANCA B - VICTORIA FC, o sábado 27 de novembro ás 16:00 en Abegondo (campo 5)
Clasificación da Primeira Nacional, grupo 1º: ... 3. Sárdoma CF, 22 puntos; 4. Umia CF, 19 puntos; 5. Deportivo ABANCA B, 17 puntos; 6. CD Olímpico de León e Oviedo Moderno CF B, 16 puntos; 8. Victoria CF, 13 puntos...

8ª xornada: SD O VAL - ORZÁN SD XUVENIL FEMININO, o domingo 28 de novembro ás 12:00 no campo de Sinde B
Clasificación da Primeira División Galega, subgrupo A: 1. CD Lugo (un partido máis), 12 puntos; 2. Bergantiños CF, 9 puntos; 3. PM Friol B, Orzán SD Xuvenil Feminino e SD Tordoia (un partido máis), 8 puntos; 6. SD O Val, 6 puntos...

6ª xornada: ORZÁN SD CADETE FEMININO - SÁRDOMA CF, o sábado 27 de novembro ás 12:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Liga Galega: 1. Sárdoma CF e UD Mos, 13 puntos; 3. Orzán SD Cadete Feminino e Victoria CF (un partido menos), 10 puntos; 5. Lóstrego CF, 9 puntos; 6. EF Femenino Rosalía e Umia CF, 4 puntos...

6ª xornada: ORZÁN SD INFANTIL FEMININO - VICTORIA CF, o sábado 27 de novembro ás 16:00 no campo Víctor Fernández Alonso (antiga Leyma)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Infantil Feminino (un partido menos), 10 puntos; 2. Victoria CF (dous partidos menos), 9 puntos; 3. Victoria FC (un partido menos), 7 puntos...

Categoría xuvenil
13ª xornada: XUVENIL A - ED VAL MIÑOR, o sábado 27 de novembro ás 16:15 en Abegondo (campo principal)
Clasificación da División de Honra: 1. RC Celta, 34 puntos; 2. Xuvenil A, 29 puntos; 3. Real Racing Club, 26 puntos...

11ª xornada: PABELLÓN OURENSE CF B - XUVENIL B, o sábado 27 de novembro ás 16:00 nos Remedios (Ourense)
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 25 puntos; 2. Xuvenil B e Coruxo FC, 22 puntos; 4. CD Lugo B, 20 puntos; 5. CD Choco e CD Calasanz, 18 puntos...

Categoría cadete
9ª xornada: CADETE - SAN TIRSO SD, o venres 26 de novembro ás 17:30 en Abegondo
Clasificación da División de Honra, subgrupo A: 1. Cadete, 22 puntos; 2. San Tirso SD, 15 puntos...

Categoría infantil
8ª xornada: INFANTIL - SD VIVEIRO, mañá xoves 25 de novembro ás 18:30 en Abegondo (campo 4)
Clasificación da Liga Galega, subgrupo B norte: 1. Infantil (un partido menos) e CD Lugo, 18 puntos; 3. San Tirso SD e Ural Español CF, 15 puntos...

Categoría alevín
Amigable: ALEVIN A - ORILLAMAR SD, o sábado 27 de novembro ás 11:00 en Abegondo (campo de herba sintética)

Amigable: FABRIL FC ALEVÍN - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, mañá xoves 25 de novembro ás 19:00 en Abegondo (campo de herba sintética)

Categoría benxamín
Amigable: BENXAMÍN A - CD CALASANZ, o sábado 27 de novembro ás 10:00 en Abegondo (campo de herba sintética)

Amigable: FABRIL FC BENXAMÍN - ATLÉTICO CORUÑA MONTAÑEROS CF, mañá xoves 25 de novembro ás 19:00 en Abegondo (campo de herba sintética)