Cavaleiro, citado pola Selección Absoluta de Portugal
Iván Cavaleiro foi convocado por Paulo Bento, seleccionador absoluto de Portugal, para un partido clasificatorio para o Campionato de Europa 2016, en Aveiro ante Albania, o 7 de setembro.
Cavaleiro terá que presentarse o 2 de setembro na localidade portuguesa de Óbidos.
O deportivista tamén fora preconvocado pola Selección Portuguesa sub-21 para disputar dous partidos clasificatorios para o Campionato de Europa da categoría.
Medunjanin
Haris Medunjanin foi convocado polo seleccionador Safet Susic para participar nos dous próximos compromisos da súa selección, Bosnia Herzegovina, ante Liechtenstein e Chipre.
O internacional bosníaco está citado no Centro de Adestramento da federación do seu país en Zenica o vindeiro luns día 1.
O primeiro partido, amigable, xogarase o día 4 ás 17:00 h. contra Liechtenstein no Estadio Tusanj de Tuzla. O segundo, clasificatorio para a Eurocopa 2016, disputarase o día 9 ás 20:45 no Estadio Bilino Polje de Zenica fronte a Chipre.