RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Celso Borges incorpórase aos adestramentos e Bóveda e Salva Ruiz reciben o alta médica

Celso Borges incorporouse esta mañá aos adestramentos co Deportivo. O internacional costarriqueño realizou unicamente a primeira parte da sesión e retirouse ao vestiario para seguir con exercicios de recuperación e fisioterapia.

O mediocentro deportivista, neste parón ligueiro, disputou case ao completo dous partidos amigables con Costa Rica, ante Qatar e a selección vasca.

Pola súa banda, Eneko Bóveda e Salva Ruiz completaron con normalidade outro adestramento e recibiron a alta médica. Así pois, ambos os futbolistas póñense a disposición de Fernando Vázquez para o encontro deste domingo 22 de novembro no Estadio Municipal de Guijuelo (17:00 horas, Footters).

Co fabrilista Pablo Brea, adestráronse hoxe á marxe do grupo Derik, Valín, Juan Rodríguez e Adri Castro, este no seu domicilio ao estar illado.

Na sesión, após un quecemento e rondos, os técnicos branquiazuis dispuxeron unha tarefa de posesión; un exercicio de movementos tácticos con finalizacións; e, para concluír, un partido a tres cuartas partes do campo 2.

Mañá xoves, o Deportivo adestrarase de novo en Abegondo a partir das 10:30 horas.