RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

"Competir, estar moi xuntos e facernos axudas", receita de Cristóbal para o Santiago Bernabéu

Cristóbal Parralo subliñou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que o Deportivo buscará mañá domingo 21 de xaneiro no Estadio Santiago Bernabéu (16:15, Bein LaLiga) ante o Real Madrid "estar metidos no partido, competir, estar moi xuntos e facernos moitas axudas. Cando son xogadores tan desequilibrantes, a única maneira de poder defendelos é facendo moitas axudas".

Sobre as baixas, caso de Albentosa, Sidnei e Fede Cartabia por lesión; ademais de Fede Valverde por contrato, indicou que "son dúas baixas (as dos centrais) na mesma posición. Son baixas considerables, pero para iso temos ao resto do cadro".

Ten claro que xogar contra o Real Madrid "nunca é bo porque te enfrontas a un dos mellores equipos do mundo. Unha vez que o tes que xogar, é un Madrid ferido. Estou convencido que o que vai querer é dar unha alegría á súa afección, resarcirse dos malos resultados que puidesen ter nas semanas anteriores e estou convencido que aínda vai ser máis complicado".

Preguntado polo fabrilista One, o técnico deportivista, que xa o tivo ás súas ordes no Fabril, definiuno como un futbolista "contundente, intenso, agresivo, valente. Sabe das súas limitacións e fortalezas e tenta no campo que esas debilidades non se lle noten. É un xogador que sabe cal é o seu rol, sitúase ben. Desde que está aquí no Dépor respondeu ben".