RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Confirmado un novo amigable do Fabril, o 25 de xullo en Laracha

O Fabril, que regresa aos adestramentos o martes 11 de xullo en Abegondo, ten confirmado un novo partido amigable esta pretemporada. Será o vindeiro martes 25 de xullo no Municipal de Laracha, ante o conxunto local, que celebrará así o seu regreso á Terceira División.

O 8 de agosto ás 20:00 horas, o Estadio ABANCA-RIAZOR acollerá o Trofeo Manolo Martín que, neste 2017, chega á súa XXXIV edición. Os equipos convidados pola organización son o Fabril e o Real Madrid Castilla.

A recadación do partido será destinada pola organización para a restauración do Santuario da Virxe da Barca de Muxía, que sufriu un incendio que o calcinou totalmente e que se atopa en vías da recuperación final.

O calendario de partidos de preparación xa confirmado é o seguinte:

25 de xullo: Laracha - Fabril (Municipal, Laracha)
2 de agosto: Oitavos de final da Copa Deputación da Coruña
8 de agosto: Fabril - Real Madrid Castilla (Estadio ABANCA-RIAZOR)

A día de hoxe, o Fabril conta para iniciar a pretemporada cos seguintes xogadores: Álex Cobo, Blas, Quique Fornos, Lucas, Diego Caballo, Gaizka Martínez, Carlos López, Queijeiro, Romay, Martín Bengoa, Uxío e Jardel. Tamén realizarán a pretemporada co segundo equipo os xuvenís Ricardo Benjamim, Mujaid, Kanouté, Adri e Iago Novo.

Cabe lembrar que Óscar Pinchi, Edu Expósito, Borja Galán, Francis; ademais dos xuvenís Chema, Aarón e Pedro están estes días ás ordes de Pepe Mel no primeiro equipo.