RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Conta atrás: 3 últimos días para inscribirse ao 20º DéporCampus Mauro Silva

A unha semana para que comece a 20ª edición, o DéporCampus Mauro Silva afronta os 3 últimos días do prazo de inscricións.

Dirixido a nenos e nenas entre 4 e 12 anos, celebrarase os próximos 15, 16 e 17 de abril na Facultade de Ciencias do Deporte e a Educación Física (INEF Galicia) de Bastiagueiro. As inscricións, con prazas limitadas, pódense tramitar até este próximo mércores 10 de abril.

TODA A INFORMACIÓN DO DÉPOR CAMPUS MAURO SILVA ESTÁ DISPOÑIBLE AQUÍ, en www.rcdeportivo.es/deporcampusmaurosilva.

Esta é a actividade social central do Deportivo en Semana Santa, un DéporCampus Mauro Silva que completa a oferta de actividades para os máis pequenos que tamén se ofrecen no verán e nadal a través dos DéporCampus Cabreiroá.