RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Convocatoria extraordinaria de probas de acceso ao Curso de Adestrador de Fútbol do RC Deportivo

A Consellería de Educación autorizou unha convocatoria extraordinaria para as probas de acceso ao Nivel I do Curso de Adestradores do Real Club Deportivo.

As probas realizaranse nas instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo o vindeiro luns 27 de setembro ás 10:00 h. O prazo para presentar a documentación conclúe o xoves 23 de setembro.

É posible solicitar máis información sobre o Curso de Adestradores do Real Club Deportivo, organizado polo Dépor Football Institute e que este ano alcanza a súa décimo sexta edición, e inscribirse para estas probas de acceso en dcs@rcdeportivo.es ou no 689 618 558.