Concluída, cun sorriso, a temporada na Primera Iberdrola, o Dépor ABANCA márchase de vacacións.
Manu Sánchez, en rolda de prensa despois do partido, manifestou que, pendentes da confirmación da Federación Española de Fútbol, "se o inicio da temporada de Primera e Reto Iberdrola rolda a primeira fin de semana de setembro, a pretemporada iniciarémola a última ou a penúltima semana de xullo. En 20 días haberá que empezar. Parece unha tolemia despois de todo o tempo que levan estas futbolistas, que non van poder desconectar, pero é a realidade de todos os equipos. Máis ou menos calculamos nestas datas".