RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Dobre representación deportivista na XIX edición do Torneo Estrella de Móstoles de fútbol 7

O Fabril FC Alevín e o Fabril FC Benxamín participarán na XIX edición do Torneo Estrella de Móstoles que se xogará a próxima fin de semana na citada localidade madrileña, na modalidade de fútbol 7.

O Fabril FC Alevín, campión do subgrupo 2º da Primeira A Coruña - As Mariñas, ten como rivais no Estadio El Soto na primeira fase ao Real Madrid CF, Rayo Arriacense e AD Illescas, con este calendario:

Sábado 1 de abril
Primeira Fase
17:45: FABRIL FC ALEVÍN - AD ILLESCAS
18:30: RAYO ARRIACENSE - FABRIL FC ALEVÍN
20:45: FABRIL FC ALEVÍN - REAL MADRID CF

Os dous primeiros de grupo xogarán o domingo 2 unha Fase Final Ouro mentres que os dous restantes unha Fase Final Prata.

Pola súa banda, o Fabril FC Benxamín, que hoxe martes conclúe ante o Dépor a súa participación no subgrupo 1º da Primeira A Coruña - As Mariñas, medirase inicialmente ao CD Móstoles URJC, Rayo Arriacense e UD San Sebastián de los Reyes.

O calendario do Fabril FC Benxamín é o seguinte:

Sábado 1 de abril
Primeira Fase
17:00: FABRIL FC BENXAMÍN - RAYO ARRIACENSE
18:30: FABRIL FC BENXAMÍN - UD SAN SEBASTIÁN DE LOS REYES
20:45: CD MÓSTOLES URJC - FABRIL FC BENXAMÍN

Os dous primeiros de grupo xogarán o domingo 2 unha Fase Final Ouro mentres que os dous restantes unha Fase Final Prata.