RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dobrete de Davo no xusto triunfo do Fabril sobre a SD Sofán

O Fabril amarrou o tres puntos en Abegondo no seu partido correspondente á 8ª xornada en Terceira RFEF ante a SD Sofán (2-0).

O protagonista do partido foi Davo, que adiantou ao filial deportivista aos 15 minutos de partido e sentenciou o choque no minuto 68, xusto nos mellores minutos do equipo visitante. O atacante fabrilista suma así 5 goles no que vai de temporada.

O resultado puido ser máis amplo para o conxunto que prepara Óscar Gilsanz, pero Juan Cambón fallou un penalti no tempo de desconto por mans na área dun defensor da SD Sofán.

Con este marcador, o Fabril alcanza os 14 puntos instalado na zona alta da clasificación.

Fabril: Alberto, Iván Guerrero, David Suárez, Dani Barcia, José Currás, Brais Val, Fabio, Runy, Javi Sanmartín, Mella e Davo. Tamén xogaron: Barba, Nájera, Víctor, Juan Cambón e Juan Rodríguez.

A próxima fin de semana, a Fabril visita á SD Xuvenil Ponteareas.

Os resultados do Fabril até a data son os seguintes:

Fabril 0 - Racing Villalbés 0
Noia CF 0 - Fabril 3 (Davo -2- e Yeremay)
Fabril 2 (Runy e Yeremay) - Viveiro CF 0
Polvorín FC 1 - Fabril 0
Fabril 1 (Davo) - CD Choco 0
Ourense CF 0 - Fabril 0
Fabril 2 (Davo -2-) - SD Sofán 0