Dobrete goleador de Leandro para o Infantil en Bertamiráns
O Infantil tróuxose os tres puntos da súa visita ao Bertamiráns FC (0-2) con dobrete goleador de Leandro, en partido correspondente á 3ª xornada da Segunda Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego, no seu subgrupo norte.
Con este resultado, o conxunto deportivista, brillante semifinalista na IberCup 2022 de Cascais durante a Semana Santa, lidera o subgrupo con 14 puntos por 12 do segundo clasificado, o CD Conxo Santiago.
Infantil: Rodrigo, Guille, Yago, Iker Fernández, Janusz, Abel, Mosquera, Frank, Rubén, Diego e Leandro. Tamén xogaron: Xabi Campos, Lucas, Borja e Marcos.
Este sábado 23 de abril ás 12:00, o Infantil recibe en Abegondo ao Cidade de Ribeira CF.
Os resultados do Infantil nesta fase son os seguintes:
Bergantiños CF 0 - Infantil 1 (Janusz) Infantil 11 (Leandro, Mosquera, Iker Fernández, Iker Casuso, Hugo -2-, Diego, Frank e Lucas -3-) - Victoria FC 0 Bertamiráns FC 0 - Infantil 2 (Leandro -2-)