RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Dous chispazos de Noela e Paula Monteagudo deciden para o Dépor ABANCA B en Zamora

Dous chispazos protagonizados por Noela e Paula Monteagudo nos minutos 53 e 57 supuxeron a vitoria do Deportivo ABANCA B na súa visita ao CD Bovedana (0-2), en partido correspondente á 25ª xornada en Tercera Federación FutFem.

No filial foi baixa Michi Apóstol, concentrada coa selección venezolana sub-20 para preparar o Campionato Suramericano que arrinca nos próximos días en Ecuador.

No entanto, Óscar Orro, técnico deportivista, puido contar coas xogadoras que están en dinámica do primeiro equipo, dado o parón en Primera Federación Iberdrola, como Paula Novo, Lucía Rivas, Paula Monteagudo, Carmen Carballada e Elena Vázquez. Todas elas foron titulares.

Con este resultado, o conxunto branquiazul suma 59 puntos na 2ª posición da táboa, a 10 puntos do líder, o Real Avilés CF.

Deportivo ABANCA B: Martina Rivas, Paula Novo, Uxía López, Elena Vázquez, Carmen Carballada, Marta Rico, Macarena González, Lucía Rivas, Laura Otero, Paula Monteagudo e Noela. Tamén xogaron: Noelia Mayo, Sara Cercido, Elena López 'Cusi', Lucía Mariño e Celia Sousa.

A próxima fin de semana, o Dépor ABANCA B recibe en Abegondo ao Olímpico de León; aínda que antes, as branquiazuis Elena Vázquez, Lucía Rivas e Sara Cercido; xunto ás orzanistas Yaiza García, Emma Gandoy Laura Santos e Noelia Mayo están convocadas para un adestramento coa selección galega sub-17 este mércores 10 de abril ás 17:00 no campo da Braña en Rois.

Os resultados até a data do Deportivo ABANCA B son os seguintes:

Deportivo ABANCA B 2 (Lucía Rivas -2-) - Victoria FC 1
Umia CF 0 - Deportivo ABANCA B 1 (Uxía López)
Deportivo ABANCA B 5 (Lucía Rivas, Elena López 'Cusi', Laura Otero -2- e Laura Testa) - CD Lugo 0
Lóstrego CF 1 - Deportivo ABANCA B 0
Gijón FF 0 - Deportivo ABANCA B 3 (Macarena González, Uxía López e Laura Otero)
Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero -2-, Lucía Rivas, Uxía López e Laura Santos) - Real Oviedo Femenino B 0
Sárdoma CF 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Elena López 'Cusi' e María Calvo)
Deportivo ABANCA B 4 (Sara Cercido, Paula Monteagudo, Lucía Rivas e Laura Otero) - Sporting de Gijón B 2
Victoria CF 3 - Deportivo ABANCA B 4 (Carmen Carballada -2-, Lucía Rivas e Elena López 'Cusi')
Deportivo ABANCA B 5 (Noela -3-, Lucía Rivas e Paula Monteagudo) - CD Bovedana 1
Olímpico de León 3 - Deportivo ABANCA B 3 (Noela -3-)
Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Laura Testa) - PM Friol 2
Real Avilés CF 3 - Deportivo ABANCA B 1 (Lucía Rivas)
Deportivo ABANCA B 2 (Noela -2-) - UD Mos 1
UD Llanera 2 - Deportivo ABANCA B 1 (Laura Otero)
Victoria FC 1 - Deportivo ABANCA B 0
Deportivo ABANCA B 4 (Ana Capelo, Sara Cercido e Paula Monteagudo -2-) - Umia CF 1
CD Lugo 1 - Deportivo ABANCA B 2 (Paula Monteagudo e Michi Apóstol)
Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Laura Santos) - Lóstrego CF 1
Deportivo ABANCA B 5 (Michi Apóstol -3-, Noela e Paula Monteagudo) - Gijón FF 1
Real Oviedo Femenino B 0 - Deportivo ABANCA B 6 (Lucía Rivas -2-, María Calvo, Laura Otero -2- e Carmen Carballada)
Deportivo ABANCA B 5 (Laura Otero, Michi Apóstol -3- e Noela) - Sárdoma CF 2
Sporting de Gijón B 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Sara Cercido e Laura Santos)
Deportivo ABANCA B 2 (Michi Apóstol -2-) - Victoria CF 1
CD Bovedana 0 - Deportivo ABANCA B 2 (Noela e Paula Monteagudo)