Dous días libres para o Dépor ABANCA antes dunha nova semana de pretemporada que se pechará en Portugal
Finalizado o partido ante o Oviedo Moderno CF en Navia, o cadro do Deportivo ABANCA gozará de dous días de descanso: mañá domingo e o luns 23 de agosto.
Miguel Llorente citou ás súas futbolistas en Abegondo o martes 24 de agosto ás 17:00 horas para arrancar unha semana que concluirá o sábado 28 de agosto en Portugal cun novo amigable. O rival será un dos potentes da Liga BPI, o Sporting Braga Feminino, ás 12:30 (hora española, 11:30 no país luso).
A pretemporada do Deportivo ABANCA marcha así:
Deportivo ABANCA 0 - Valadares Gaia FC 0. A penaltis: 4-5 (IX edición do Trofeo Teresa Herrera) Viajes InterRías FF 0 - Deportivo ABANCA 1 (Jone) (Trofeo Concello de Sanxenxo) Real Sociedad 4 - Deportivo ABANCA 0 Deportivo ABANCA 0 - Oviedo Moderno CF 1 Sporting Braga Feminino - Deportivo ABANCA, sábado 28 de agosto, 12:30 h. (hora española), Estadio 1º de Maio (Braga, Portugal)