Dous goles en apenas dous minutos de Luque encarrilan o partido do Xuvenil B en Redondela
Dúas poutadas de Luque en apenas dous minutos (18 e 19) encarrilaron o triunfo do Xuvenil B ante o CD Choco (0-3), en partido correspondente á 24ª xornada na liga Nacional.
Do Carmo, ao fío do descanso, redondeou o marcador para os branquiazuis.
Con este resultado, o Xuvenil B suma 45 puntos na 4ª praza.
Xuvenil B: Íker, Roque, Pol, José Manuel, Landeira, Mario, Víctor, Gonçalo Batista, Do Carmo, Portas e Luque. Tamén xogaron: Pablo Martínez, Fito e Juanma.
A próxima fin de semana, o Xuvenil B recibe en Abegondo ao Victoria CF, unha partido clave na loita pola terceira posición da clasificación.
A liga transcorre así para o Xuvenil B que dirixe Josito:
Xuvenil B 3 (Peke, Aye e Mario) - Orillamar SD 1 Porriño Industrial CF 2 - Xuvenil B 1 (Fito) Xuvenil B 2 (Juanma e Luque) - Lugo B 0 ED Val Miñor Nigrán B 0 - Xuvenil B 1 (Peke) Xuvenil B 2 (Luque e Víctor) - Celta B 1 Arosa SC 1 - Xuvenil B 1 (Luque) Xuvenil B 2 (Juanma e Peke) - CD Choco 0 Victoria CF 2 - Xuvenil B 1 (Mario) CVC Valladares 1 - Xuvenil B 3 (Pol, Novoa e Luque) Xuvenil B 1 (Portas) - CD Calasanz 3 Rápido de Bouzas 0 - Xuvenil B 1 (Novoa) Xuvenil B 6 (Añón, Mario, Juanma -3- e Luque) - CD Lérez 1 CD Areosa 2 - Xuvenil B 1 (Luque) Xuvenil B 4 (Juanma, Peke, Mario e Do Carmo) - Racing Villalbés 0 UD Santa Mariña 1 - Xuvenil B 1 (Luque) Xuvenil B 1 (Mario) - CD Conxo Santiago 2 Pabellón Ourense CF 0 - Xuvenil B 1 (Luque) Orillamar SD 2 - Xuvenil B 1 (Landeira) Xuvenil B 3 (Juanma, Pol e Mario) - Porriño Industrial CF 1 CD Lugo B 1 - Xuvenil B 1 (Batista) Xuvenil B 4 (Peke, Portas, José Manuel e Juanma) - ED Val Miñor B 0 RC Celta B 2 - Xuvenil B 1 (Peke) Xuvenil B 2 (Víctor e Luque) - Arosa SC 0 CD Choco 0 - Xuvenil B 3 (Luque -2- e Do Carmo)