RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Dúas sesións de adestramento esta semana para o Dépor Feminino

O Deportivo Feminino, sen competición ligueira até o próximo mes de xaneiro, terá dous adestramentos esta semana:

Martes 13 de decembro
20.30: Adestramento en Arteixo

Xoves 15 de decembro
20.30: Adestramento en Arteixo

O equipo branquiazul reanuda a competición ligueira o domingo 8 de xaneiro de 2017, en Arteixo ante o Sporting de Gijón.

O Deportivo Feminino marcha segundo na clasificación do grupo 1º da Segunda División Nacional con 31 puntos, os mesmos que precisamente o Sporting de Gijón, terceiro. Por diante lidera a táboa o Oviedo Moderno, con 38 puntos.

Cinco xogadoras branquiazuis, á Selección Galega Sub-18

Pola súa parte, cinco xogadoras do Deportivo disputarán coa Selección Galega o Campionato de España de Seleccións Territoriais Sub-18.

As convocadas son: Tere Abelleira, Lía, Malena, María Corral e Nuria.