RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

''É un partido súper bonito e que a todos nos gusta xogar'', di Mosquera de #ONosoDerbi

  Pedro Mosquera compareció esta mañana na sala de prensa de Abegondo. "É un partido súper bonito e que a todos nos gusta xogar", di o centrocampista coruñés de #ONosoDerbi deste domingo 23 de outubr

Ve ao Deportivo, a pesar da derrota do pasado sábado no Camp Nou, "ben, adestrando ben. Vai ser un bo partido para nós, seguro".
 
Espera Mosquera que, debido ao partido do RC Celta este xoves ante o Ajax de Amsterdam na Europa League, "cheguemos máis frescos e mellor ao partido que eles".
 
Nesta liña, cre que "hai que facer un partido serio. Tentar ter o balón nós tamén e sobre todo ser moi agresivos sen balón. Se todos damos o cento por cento, imos facer un bo partido seguro".
 
A pesar da derrota en Barcelona, resalta o mediocentro deportivista que "cun menos o equipo aguantou ben. A goleada podía ser máis avultada. Ao final foi un 4-0. Non foi o mellor partido de todos, pero xa pensando no Celta".
 
Pola súa banda, non cre que a goleada (5-0) recibida en Vilarreal afecte o equipo céltico: "O Vilarreal tivo moitísima efectividade. Xa sabemos que o Celta xoga ben. Ao contrario, virá máis motivado despois desa derrota".
 
Precisamente do conxunto vigués di Mosquera que "xoga moi ben ao fútbol, como sempre. Quizais lles falte esa efectividade que lles achegaba Nolito, que lles abría ou pechaba moitos partidos. E iso agora aínda non a está tendo, pero seguro que ao longo da tempada vana a conseguir".
 
No Dépor, confía en que cheguen para o partido Juanfran e Sidnei, "dous xogadores importantes para o equipo. Hoxe non adestraron, a ver como evolucionan ao longo da semana".
 
Resalta sobre o apoio que en Vigo o equipo recibirá do deportivismo que "a nosa afección non ten nada que envexar a ningunha outra de España ou do mundo. Van estar aí sempre. Niso seguro que non imos perder, en afección".
 
Iso si, sostén que "debemos ser competitivos tanto no campo como na bancada pero sempre desde o respecto e tentar que todo salga ben". "Ten que haber competitividade sa. Somos dous equipos galegos, témonos que respectar, e iso estamos a facer", engade.