RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Empate sen goles en Melgaço ante o Paços de Ferreira

- Foto: FC Paçvos de Ferreira - O Deportivo cerró esta semana sen fútbol de competición cun amigable esta tarde na localidade lusa de Melgaçou fronte ao FC Paçvos de Ferreira, equipo da Primeira Divisió

Dos convocados por Víctor Sánchez do Amo, só Fernando Navarro quedou sen saltar ao terreo de xogo. O capitán Manuel Pablo, aínda sen alta médica, reapareceu tras a súa lesión no último cuarto de hora de partido.

O encontro, a pesar do seu carácter amigable, foi moi disputado, aínda que con escasas oportunidades de gol nas dúas portarías.

Jonathan tivo a mellor ocasión na primeira parte. Tras un par de caracoleos na área, o internacional uruguaio disparou alto con todo a favor, diante da meta Defendi.

Na segunda metade, ambos os equipos moveron o banco, aínda que o encontro seguiu coa mesma tónica: moita pelexa e control por parte de ambos.

Nesta segunda parte debutaron co primeiro equipo os fabrilistas Hugo, Anxo e Juan Otero. Precisamente deste último foi a mellor oportunidade, cun disparo raso que se foi fóra por pouco.

Deportivo: David (m. 76, Anxo), Juanfran (m. 46, Laure), Sidnei (m. 46, Arribas), Róber (m. 76, Manuel Pablo), Luisinho (m. 63, Cardoso), Alex (m. 76, Santi Taboada), Juan Domínguez, Cani, Jonás (m. 46, Saul), Oriol (m. 76, Hugo Rama) e Jonathan (m. 72, Juan Otero).

Paços Ferreira: Defendi, Baixinho, Romeu, Helder Lopes, Bruno Moreira, Barnes Osei, Ricardo, André Leal, Pelei, Fabio Martins e Bruno Santos. Tamén xogaron: Fabio Cardoso, Roniel, Christian, Edson Farías, Joao Gois, Joao Silva, Paulo Henrique, Sousa, Manuel José e Marafona (porteiro suplente)

Árbitro: Fabio Nunes, de Portugal.