RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entrada (gratuíta e obrigatoria) para socios e con destino social para afeccionados para a UEFA Youth League

O RC Deportivo activa a distribución de entradas para o partido do próximo mércores ás 20:00 h. no Estadio ABANCA-RIAZOR entre o RC Deportivo e o Maccabi Haifa, partido de ida da segunda eliminatoria da Ruta dos Campións da UEFA Youth League.

Para achegar o máximo posible a todo o público e arroupar aos xogadores Deportivistas en busca da vitoria, e como xa se fixo no histórico partido da anterior eliminatoria, inicialmente só habilitarase o anel inferior do Estadio ABANCA-RIAZOR.

Todas as socias e socios do Deportivo poderán dispor de entrada gratuíta para o partido, que será obrigatoria para acceder ao Estadio, non sendo posible empregar o carné para o acceso. Todas aqueles abonados que desexen retirar unha localidade de calquera das bancadas habilitadas: Tribuna Inferior, Marathón Inferior, Preferencia Inferior ou Pavillón Inferior, poderán solicitar e escoller a súa entrada correspondente en https://bancada.rcdeportivo.es

A través desa páxina, após identificarse coa súa ID de Socia/ou e os 4 últimos números do DNI, a persoa abonada poderá seleccionar calquera asento dispoñible -marcado en verde na aplicación- que desexe escoller para a súa entrada.

Con eses mesmos datos doutras persoas socias, unha única persoa pode retirar máis dunha entrada nunha soa xestión e, deste xeito, seleccionar asentos próximos, só separados polas distancias de seguridade.

Se non se ten carné do Dépor e quérese asistir ao partido tamén é posible comprar entradas, que teñen un caracter totalmente social. O prezo das entradas é de 5 euros que serán destinados integramente ao proxecto do Dépor Genuine, promovido pola Fundación RC Deportivo, que esta temporada non conta con patrocinio e que permite a 35 xogadoras e xogadores con Discapacidade Intelectual a súa integración social a través do fútbol .

A compra de entradas para o partido realízase tamén a través da páxina: https://bancada.rcdeportivo.es