RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda para o Dépor-Valencia da 19ª xornada (sábado 13, 20:45 h.)

As entradas para o partido da 19ª xornada de LaLiga Santander no Estadio ABANCA-RIAZOR entre o Real Club Deportivo e a Valencia CF están á venda desde o martes 26 de decembro.

O partido disputarase o sábado 13 de xaneiro de 2018 a partir das 20:45 horas. Os prezos das entradas de público oscilan entre os 65 euros da Tribuna Superior e os 25 euros de Pavillón Superior.

Para adquirir as localidades os afeccionados deben achegarse á Oficina de Atención ao Deportivista, que se atopa aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. O día do partido as entradas soamente estarán á venda nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor a partir das 11:00 horas.

Tamén hai dispoñibilidade de localidades VIP na área 1906. Para máis información respecto diso, contactar con atencion.deportivista@rcdeportivo.es.

As entradas de público tamén poden comprarse online aquí

Prezos das entradas de público para o Dépor-Valencia (Abanca-Riazor: sábado 13 de xaneiro, 20:45 h.):