RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas á venda para o último partido de Liga, o definitivo Dépor-Córdoba do sábado en #anosacasa

O Real Club Deportivo afronta o final decisivo do longo e competitivo camiño de volta a Primeira. Após 41 xornadas, só resta 1 partido máis en ABANCA-RIAZOR para poder seguir loitando polo obxectivo nos play-offs. Por iso, o Club quere pedir un último esforzo en forma de apoio incondicional ao equipo no partido que queda no Estadio ABANCA-RIAZOR. Visitará #ANOSACASA o Córdoba CF (sábado 8 de xuño, 20:30 h.).

Por iso o Club, ademais de animar aos seus 23.491 socios a facer uso do seu carné mantén os prezos fixados para os 3 últimos partidos de LaLiga disputados en ABANCA-RIAZOR.

As entradas están á venda na Oficina de Atención ao Deportivista (Estadio ABANCA-RIAZOR, avenida de La Habana s/n) mércores, xoves e venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas ou nas DéporTiendas de ABANCA-RIAZOR e Marineda City (de 10:00 a 20:30 no Estadio e até as 22:00 no Centro Comercial). O sábado, día de partido, as entradas estarán á venda desde as 11:00 e até o inicio do encontro de maneira ininterrompida nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes e en Marineda City.

As entradas tamén poden comprarse online aquí