RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Entradas Dépor-Compos

O Real Club Deportivo, ante o severo agravamento da situación sanitaria, o endurecemento das medidas de restrición de mobilidade e horarios na área da Coruña, para ser responsables con todos os chamamentos que están a facer as autoridades para minimizar as interaccións sociais e co fin de colaborar a protexer a saúde de todo o Deportivismo, decidiu non pór entradas á venda para os seus socios para o Deportivo-Compostela do domingo ás 17:00 h. en ABANCA-RIAZOR.

Estas medidas das autoridades tamén obrigan á redución do aforo do Estadio respecto dos últimos partidos disputados, un aforo que apenas permitirá pór entradas a disposición dos compromisos contractuais asinados polo Club cos seus patrocinadores para que sexan estes quen determinen se fan ou non uso dos seus dereitos adquiridos.

O Real Club Deportivo quere agradecer de novo e moi sinceramente a todos os seus seguidores a comprensión ante as medidas adoptadas nesta situación tan cambiante e complexa para todos, esperando que con elas se contribúa a solucionar canto antes o problema que nos afecta e desexando que, canto antes, todo o Deportivismo poida regresar a un ABANCA-RIAZOR sen restricións.