RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fayçal e Arribas, novidades no adestramento desta mañá do Deportivo

Fayçal Fajr, que regresou onte pola noite da concentración da Selección de Marrocos, e Alejandro Arribas, á marxe os últimos días debido a unhas molestias no xemelgo dereito, foron as dúas novidades esta mañá no adestramento do Deportivo. Os dous traballaron con normalidade co resto do cadro.

Dos internacionais deportivistas falta só Celso Borges, cuxa chegada á Coruña está prevista para esta tarde. Mañá venres ás 10:30, o mediocentro branquiazul estará con todos os seus compañeiros na cidade deportiva despois dunha longa viaxe de regreso desde Honduras.

Hoxe, cos fabrilistas Nacho Monsalve e Edu Expósito, o adestramento consistiu nun partido con tres porterías en espazo reducido; e, para concluír, un once contra once no campo 2.

Pedro Mosquera adestrouse co readaptador Fran Molano; e Gaël Kakuta retirouse antes que o resto dos seus compañeiros, a consecuencia dunhas molestias na súa ingua esquerda, pendente de evolución nas próximas horas.

Mañá venres, o Deportivo adestrarase de novo en Abegondo ás 10:30.