RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fede Cartabia completou con normalidade a sesión de traballo

Fede Cartabia completou esta mañá con normalidade o adestramento do Deportivo. Tamén Juanfran realizou a primeira parte e, a continuación, traballou co readaptador, Fran Molano.

Por conseguinte, só Sidnei e Bakkali, este após probar antes o seu xemelgo esquerdo sobre o céspede, tiveron tratamento médico e de fisioterapia; e atópanse á marxe do resto dos seus compañeiros.

Esta mañá, após un quecemento, o cadro realizou un exercicio de posesión e presión após perda; e, para concluír, un partido táctico de área a área no campo 3.

Os fabrilistas Martín Bengoa e Borja Galán estiveron esta mañá ás ordes de Cristóbal Parralo.

Mañá venres está planificada unha nova sesión, ás 10:30 horas en Abegondo.