RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fin de semana de descanso para o Dépor ABANCA

O Dépor ABANCA conclúe co adestramento desta tarde en Abegondo unha semana sen fútbol na Primera Iberdrola debido ao compromiso de hoxe venres da selección española ante a República Checa.

Así pois, o cadro branquiazul terá mañá sábado e o domingo xornada de descanso.

Manu Sánchez citou de novo ás súas xogadoras o luns 26 de outubro ás 17:00 en Abegondo.

A próxima cita ligueira para o Deportivo ABANCA será o sábado 31 de outubro ás 13:00 en Abegondo ante o CD Santa Teresa.