RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fin de semana de descanso para o Dépor ABANCA debido ao parón ligueiro

Despois dunha última sesión de traballo hoxe venres, o Dépor ABANCA tómase unha fin de semana de descanso a consecuencia do parón ligueiro no grupo norte de Reto Iberdrola.

A esta circunstancia referiuse Paula Gutiérrez onte xoves en rolda de prensa en Abegondo: "Este ano se cadra ímonos a atopar con máis paróns dos habituais. Hai que seguir collendo estas semanas de traballo onde aproveitamos para meter máis cargas e prepararnos máis; e a fin de semana para desconectar e cargar pilas para volver a seguinte semana a traballar a tope".

Miguel Llorente citou de novo ás súas futbolistas o luns 20 de setembro ás 17:00 en Abegondo para comezar a preparar a 3ª xornada de liga, en Abegondo ante o Sporting de Gijón o sábado 25 ás 17:00.