RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Fin esta tarde a unha semana sen fútbol ligueiro para o Dépor ABANCA

O Dépor ABANCA puxo punto e final hoxe venres a unha semana sen fútbol ligueiro polos compromisos das seleccións nacionais, á espera da 'final' pola permanencia o sábado 19 de xuño (11:00 horas) ante o Real Betis no Municipal Felipe del Valle de Sevilla. Neste partido só vale a vitoria branquiazul para chegar á última xornada da Primera Iberdrola con opcións de permanencia.

Manu Sánchez dispuxo unha fin de semana de descanso para pechar a semana despois de completar un total de cinco adestramentos vespertinos na Cidade Deportiva nos últimos cinco días.

O técnico deportivista non puido contar coas internacionais Athenea del Castillo, Noelia Bermúdez e Stephannie Blanco, concentradas coas súas respectivas seleccións nacionais.

Eva Dios, concentrada até onte xoves coa selección española sub-19, incorporouse esta tarde aos adestramentos co resto das súas compañeiras.

Tralo descanso de mañá sábado e do domingo, o cadro branquiazul volverá ao traballo o luns 14 de xuño ás 16:30 en Abegondo.