RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Gran actuación de España, con Tere Abelleira como titular, na segunda xornada do Europeo Sub-17

- Foto: www.sefutbol.com -

A Selección Española Sub-17, con Tere Abelleira como titular, deu un gran paso para clasificarse para as semifinais do Campionato de Europa da categoría.

O combinado nacional goleou (1-5) esta mañá á anfitrioa, República Checa, no Estadio Domazlice, na localidade checa de Domazlice, en choque pertencente á segunda xornada da Primeira Fase. A capitá do Deportivo Abanca disputou o seu segundo partido completo neste Europeo.

Tere Abelleira debutou o pasado martes 2 de maio coa Selección Española. A centrocampista branquiazul tamén foi titular, aínda que nesta ocasión non puido evitar a derrota das españolas ante a vixente campioa, Alemaña (1-4), máis certeira ao contragolpe.

O vindeiro luns, España mídese a Francia na terceira e última xornada desta Primeira Fase da competición. O partido arrancará ás 14:00 en Prestice.

O calendario de España, cos resultados, é o seguinte:

Martes 2 de maio
ESPAÑA 1 - ALEMAÑA 4

Venres 5 de maio
REPÚBLICA CHECA 1 - ESPAÑA 5

Luns 8 de maio
14:00: FRANCIA - ESPAÑA (no Estadio Prestice, en Prestice)

Os dous primeiros de grupo pasan a semifinais, que se xogarán o 11 de maio.