RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Gran medalla de bronce para o Fabril FC Alevín na Deyna Cup de Polonia

O Fabril FC Alevín participou esta fin de semana na Deyna Cup, torneo que se desenvolveu na cidade polaca de Gdansk.

Os rivais dos fabrilistas foron os seguintes equipos: BFC Daugavpils, FK Karpaty Lwów, Beniaminek 03 Klub sportowy, Futbolo Akademija KFA, KGHM Zaglebie II Lubin, Slask Wroclaw II, FC Dinamo Batumi, Widzew Łódź, Beniaminek 03 Klub sportowy II, Olimpia Elblag e Borussia Mönchengladbach.

O formato de competición foi o de liga todos contra todos.

Hoxe domingo concluíu o torneo co tres últimos choques que decidiron os postos nobres.

Nunha brillante fin de semana, o Fabril FC Alevín colgouse a medalla de bronce e márchase de Polonia sen coñecer a derrota, con 8 partidos gañados e 2 empatados; e un balance de 34 goles a favor e tan só 4 en contra.

Os resultados do Fabril FC Alevín foron os seguintes:

Venres 19 de agosto

BENIAMINEK 03 KLUB SPORTOWY 0 - FABRIL FC ALEVÍN 6 (Álvaro Gómez, Hugo Pousa, Brais Martínez, Martín López e Nacho Villanueva -2-)
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Hugo Macedo -2-) - OLIMPIA ELBLAG 0
BFC DAUGAVPILS 2 - FABRIL FC ALEVÍN 2 (Hugo Pousa e Hugo Macedo)
FABRIL FC ALEVÍN 3 (Martín López, Nacho Villanueva e Iván Gil) - FC DINAMO BATUMI 0
FABRIL FC ALEVÍN 0 - BORUSSIA MÖNCHENGLADBACH 0

Sábado 20 de agosto

FK KARPATY LWÓW 0 - FABRIL FC ALEVÍN 6 (Nacho Villanueva -3-, Hugo Pousa -2- e Iván Gil)
FUTBOLO AKADEMIJA KFA 0 - FABRIL FC ALEVÍN 2 (Nacho Villanueva e Iván Gil)
SLASK WROCLAW II 1 - FABRIL FC ALEVÍN 1 (Álvaro Gómez)

Domingo 21 de agosto

ZAGLEBIE II LUBIN 1 - FABRIL FC ALEVÍN 2 (Iván Gil)
FABRIL FC ALEVÍN 10 (Nacho Villanueva -3-, Álvaro Gómez -2-, Brais Martínez -2-, Iván Gil, Martín López e Hugo Pousa) - BENIAMINEK 03 KLUB SPORTOWY II 2
FABRIL FC ALEVÍN 2 (Álvaro Gómez -2-) - JAGIELLONIA BIALYSTOK 0