RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Guilherme realizou completa a sesión de adestramento desta mañá

O Deportivo, hoxe cos fabrilistas Lucas e Nacho Monsalve, comezou esta mañá a preparar #ONOSODERBI deste domingo 19 de marzo en Riazor (18:30, Bein Sports) ante o RC Celta. Foi o primeiro adestramento completo de Guilherme, aínda sen a alta médica. Sidnei iniciou tamén a súa etapa de readaptación, paso previo ao seu regreso á disciplina de grupo.

Un traballo de movementos ofensivos con finalizacións, un roldo, un partido once para once e, finalmente, partidos en espazo reducido, de alta intensidade, cun circuíto físico foron as tarefas principais.

Mañá xoves, o equipo adestrarase en Riazor, a porta pechada, a partir das 10:30 horas.