RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Héctor e Miku incorpóranse ao traballo grupal nunha sesión táctica en ABANCA-RIAZOR

Héctor e Miku realizaron esta mañá tarefas co grupo na sesión a porta pechada en ABANCA-RIAZOR, sempre de acordo cos Servizos Médicos do Club.

Así pois, unicamente Derik estivo toda a sesión fóra da dinámica grupal, na que por contra si estiveron tamén os canteiráns Adri Castro, Juan Rodríguez, Pablo Brea e Guille Bueno.

Despois dun quecemento con rondos de presión, Rubén de la Barrera dispuxo unha serie de exercicios tácticos a metade de campo de cara á visita do Marino de Luanco a ABANCA-RIAZOR prevista para o domingo 4 de abril (19:00 horas, TVG). Cun partido a tres cuartas partes do campo concluíu o adestramento.

Mañá venres, o Deportivo traballará no céspede dos campos 2 e 3 de Abegondo a partir das 10:30 horas.