RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Horarios para acreditarse luns e martes, con xa case 200 accionistas cos seus cartóns de acceso para a Xunta Xeral

Após o peche da Oficina de Atención ao Deportivista até o luns, día da primeira convocatoria da Xunta Xeral Extraordinaria do Real Club Deportivo, 185 accionistas retiraron xa os seus cartóns de acceso e votación para o acto.

Os cartóns estarán dispoñibles, luns e martes, nos seguintes horarios e lugares:

Luns 27: de 10:00 a 13:30 h. (OAD. Avenida de La Habana) e de 16:30 a 19:00 (Palexco).
Martes 28: de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 19:00 (Palexco).

Para obter o seu cartón de acceso e votación o accionista simplemente debe presentar o seu DNI. No caso de que o accionista represente a outros accionistas deberá presentar, simultaneamente, o documento de delegación de accións no que se lle adxudica a representación, debidamente cumprimentado.