RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Indicacións para os Deportivistas que asistan ao Dépor-UP de Langreo

Para que a primeira experiencia dun evento cun aforo de 5.000 espectadores en Galicia sexa un éxito e, en caso de manterse a futuro a situación ou as medidas, póidase repetir, o Real Club Deportivo quere realizar unha serie de indicacións a todos os Deportivistas que van acudir ao partido, agradecéndolles de antemán o seguir e respectar escrupulosamente cada unha das seguintes indicacións:

- Acceder con antelación: as portas ábrense ás 18:00 h.
- Evitar colas
- Evitar aglomeracións dentro e fóra do Estadio, antes e despois do partido
- Acceder pola porta asignada na entrada
- Manter a distancia de polo menos 1,5 m.
- Permanecer todo o tempo sentado dentro do Estadio excepto para ir ao baño
- Acudir aos servizos de forma graduada
- Atender ás instrucións de megafonía e persoal do RC Deportivo
- Levar bebidas (sen tapón e sen alcol) está permitido
- Baixar a máscara exclusivamente para beber, o resto do tempo hai que levala correctamente posta