RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ASNOSAS

Infantil A e Deportivo Abanca B afrontan con distinto signo a volta dos seus partidos de Copa

Unicamente dous equipos de #ANOSACANTEIRA seguen en competición oficial: o Deportivo Abanca B (Copa de Primeira División) e o Infantil A (Copa Galicia da Liga Galega). Ambos afrontan con distinto signo os seus partidos de volta.

O Infantil A recibe mañá xoves 15 de xuño en Abegondo ao Coruxo co pase xa garantido á Fase Final da Copa Galicia da liga Galega, tras o 0-7 da ida en Vigo.

Para este partido, os socios deportivistas teñen libre acceso. Para o público, a entrada sénior costa 3 euros.

Pola súa banda, o Dépor Abanca B aférrase ao campo de Ponte dos Brozos (Arteixo) para remontar o 3-0 da ida co Victoria FC de Santiago, nas semifinais da Copa Feminina de Primeira División. O choque será este domingo 18 de xuño ás 18:00 horas.

Cos dous equipos xuvenís e os dous de cadetes xa de vacacións, e o Infantil B de descanso esta fin de semana, teñen torneo amigable: Infantil A en Cerdanyola; Alevín A en Vilarreal; Alevín B nas Pontes e Abanqueiro; Benxamín A en Vilagarcía; e Benxamín B en Abanqueiro e As Pontes.

O calendario de partidos oficiais é o seguinte:

Categoría feminina
Copa Feminina Primeira División, semifinais, volta: DEPORTIVO ABANCA B - VICTORIA FC, o domingo 18 de xuño ás 18:00 en Ponte dos Brozos (Arteixo). Na ida: 0-3

Categoría infantil
Copa Galicia da Liga Galega, cuartos de final, volta: INFANTIL A - CORUXO, mañá xoves 15 de xuño ás 19:30 en Abegondo (campo 6). Na ida: 7-0