RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSACANTEIRA

Infantil B e Benfica xogan a final do Torneo UD Ponte de Frielas en Portugal

O Infantil B disputará mañá martes 28 de febreiro a gran final do torneo amigable organizado polo club Uniao Desportiva Ponte de Frielas, na citada localidade portuguesa de Ponte de Frielas. O seu rival será o Benfica.

Os branquiazuis, que están a realizar unha gran competición, impuxéronse hoxe luns (1-0) ao Sporting de Lisboa, con tanto de Fika.

Os resultados ata a data do cadro que dirixe Iván Vázquez foron os seguintes:

Primeira Fase

Sábado 25 de febreiro

MARÍTIMO 1 - INFANTIL B 2 (Álex e Quique)

Domingo 26 de febreiro

OPORTO 0 - INFANTIL B 1 (Adrián Lombao)

INFANTIL B 0 - OS BELENENSES 0

Luns 27 de febreiro

Semifinal

SPORTING CLUB PORTUGAL 0 - INFANTIL B 1 (Fika)

Martes 28 de febreiro

Final

16.00: BENFICA - INFANTIL B