RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

O Dépor realiza os primeiros movementos tácticos

Juan Antonio Anquela comeza a debuxar as liñas mestras do Deportivo 2019-20, a pesar de que no cadro, a día de hoxe, non son todos os que están, nin están todos os que finalmente serán. Con este hándicap, o técnico deportivista realizou os primeiros movementos tácticos por grupos esta tarde no campo 2 da Cidade Deportiva.

Así, mentres un grupo de futbolistas exercitábase ás ordes de Anquela, o outro grupo, no campo 3, realizaba unha tarefa de remates a portería.

Un quecemento, uns rondos e un partido final completaron unha nova sesión, a terceira desta pretemporada.

Estiveron á marxe Michele Somma e David Simón, que terá estes próximos días un adestramento preventivo baixo a supervisión do readaptador, Fran Molano.

Juan Antonio Anquela mete unha marcha máis ao Dépor

Despois da primeira toma de contacto onte pola tarde, Juan Antonio Anquela imprimiu unha marcha máis aos seus futbolistas na sesión matinal de hoxe na Cidade Deportiva.

Após un quecemento e uns rondos, o técnico deportivista, con Michele Somma á marxe do grupo, dispuxo un traballo de posesión de balón e, para concluír, un esixente circuíto de forza no campo 3, nunha tarefa dirixida polo preparador físico Marcos Marcén que a recado se vai a repetir ao longo da pretemporada.

Mañá mércores 17 de xullo, os futbolistas volven ao céspede ás 10:00, despois de almorzar todos xuntos ás 8:30 nas instalacións de Abegondo habilitadas para tal fin.