RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Juan, defensa do Cadete A, xogará o Torneo de Desenvolvemento Uefa coa Selección Española sub-16

Juan Rodríguez Lima, xogador do Cadete A, foi convocado pola Selección Española sub-16 para o Torneo de Desenvolvemento Uefa que se disputará do 11 ao 19 de febreiro nas instalacións da Federación Inglesa de St. George's Park, en Burton-upon-Trent (Inglaterra), 220 quilómetros ao noroeste de Londres.

Juan, que xoga como lateral esquerdo, terá que presentarse o vindeiro domingo 11 de febreiro ás 11:00 horas na T4 do Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas, para poñerse a disposición do seleccionador nacional, David Gordo.

Após os adestramentos realizados na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid) entre o 29 e 31 de xaneiro, o técnico convocou agora a 20 dos 24 futbolistas que estiveron presentes naquelas sesións.

Cabe lembrar que a selección sub-16 é unha primeira aproximación aos combinados nacionais, pois non existe ningunha competición oficial, nin europea nin mundial, desta categoría.

O calendario de encontros é o seguinte:

Mércores 14 de febreiro
18:00 (hora local): ESPAÑA - ESCOCIA, en St. George's Park

Venres 16 de febreiro
19:00 (hora local): ESPAÑA - INGLATERRA, en St. George's Park

Luns 19 de febreiro
10:30 (hora local): ESPAÑA - DINAMARCA, en St. George's Park

Juan regresará co resto da expedición o mesmo luns 19 de febreiro ás 17:20 (hora local), nun voo que aterrará en Madrid ás 20:35 horas.