RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Juan, do Cadete A, convocado pola Selección Española sub-16

Juan Rodríguez Lima, xogador do Cadete A, foi convocado para uns adestramentos coa Selección Española sub-16, que terán lugar do 29 ao 31 de xaneiro na Cidade do Fútbol de Las Rozas (Madrid).

Juan, que actúa como defensa, terá que presentarse o vindeiro luns 29 de xaneiro ás 17:00 horas na dársena de autobuses da T4 do Aeroporto Adolfo Suárez Madrid-Barajas, para poñerse a disposición do seleccionador nacional, David Gordo.

O técnico chamou a 24 futbolistas pertencentes a 15 clubs diferentes. O FC Barcelona, con 5, é o conxunto que máis xogadores proporciona á convocatoria.

Cabe lembrar que a selección sub-16 é unha primeira aproximación aos combinados nacionais, pois non existe ningunha competición oficial, nin europea nin mundial, desta categoría.