Dúas das seleccións participantes no torneo Basque Country International Women's Cup que se celebra o domingo 11 en Zubieta, Arxentina e Venezuela, víronse onte xoves 8 as caras en Lezama nun partido de preparación.
Debido á ausencia a última hora da selección nixeriana, que reduciu o torneo a un triangular en formato 'tres nun', venezolanas e arxentinas decidiron disputar un encontro amigable.
As deportivistas Kika e Michelle Romero foron titulares e xogaron completo un encontro que acabou sen goles. Ademais, Kika portou o brazalete de capitá do seleccionado venezolano.
Na citación de Venezuela para esta concentración estaba tamén a dianteira do Deportivo ABANCA Gabriela García 'Gaby', que quedou na Coruña debido a unha lesión muscular.
Peke fronte a Kika e Michelle Romero, o domingo en Zubieta
O torneo Basque Country International Women's Cup o domingo 11 de abril enfronta ás deportivistas Peke, convocada pola selección de Euskadi; e Kika e Michelle Romero, seleccionadas por Venezuela.
O torneo será en formato 'tres nun' coa presenza ademais de Arxentina. Os partidos durarán 45 minutos segundo este calendario:
11:00: Arxentina - Venezuela 12:00: Selección de Euskadi - Venezuela 13:00: Selección de Euskadi - Arxentina