RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Krohn-Dehli recibe a alta médica ao finalizar o adestramento de hoxe en ABANCA-RIAZOR

Ao acabar o adestramento desta mañá, a porta pechada en ABANCA-RIAZOR, Michael Krohn-Dehli recibiu a alta médica.

Así pois, o internacional danés está a disposición de Natxo González para recibir mañá sábado 10 de novembro no estadio (20:30 horas, Gol e LaLiga 1|2|3 TV) ao Real Oviedo, en partido correspondente á 13ª xornada en LaLiga 1|2|3.

Na sesión de hoxe, con Dubarbier e Pedro Sánchez á marxe do grupo, os futbolistas, despois dun quecemento, realizaron un exercicio de finalizacións divididos en dous grupos: dianteiros nunha portería e o resto de xogadores na outra; un partido ao ancho do campo; e, para concluír, repaso ás accións de estratexia.

O cadro está citado de novo mañá sábado para almorzar en Abegondo ás 9:30 horas. A continuación haberá un traballo de activación e lista de convocados que se concentrarán ao mediodía no Hotel Meliá María Pita.