RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucas Pérez e Pantilimon, novidades na convocatoria para recibir mañá á Real Sociedad

Lucas Pérez e a meta romanés Costel Pantilimon, as dúas últimas incorporacións do Club este verán, son as principais novidades da lista de 18 xogadores convocados do Deportivo para recibir mañá domingo 10 de setembro (12:00 horas, Bein LaLiga) á Real Sociedad, na terceira xornada de LaLiga Santander.

Esta mañá, nunha sesión a porta pechada no Estadio ABANCA-RIAZOR, Pepe Mel dispuxo dun partido táctico once para once como tarefa principal. O técnico deportivista fixo especial fincapé en accións de estratexia. Participou toda a plantillla, excepto Rubén e Carles Gil.

O equipo concéntrase esta tarde ás 20:30 horas no Hotel Meliá María Pita, á espera da cita ante o conxunto donostiarra.