RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Lucas recibe a alta médica e entra na lista de convocados para o choque de mañá en Eibar

Lucas completou esta mañá o adestramento co grupo, recibiu a alta médica e entrou na lista de 19 convocados, incluído a meta fabrilista Francis, para o choque de mañá domingo 15 de outubro en Ipurúa ante o Eibar (12:00 horas, Bein A liga), na 8ª xornada de LaLiga Santander.

Quedan fóra da convocatoria os lesionados Carles Gil, Adrián, Rubén, Gerard e Pedro Mosquera, que a pesar de exercitarse co equipo, non ten aínda a alta médica.

Esta mañá, nunha sesión a porta pechada no Estadio ABANCA-RIAZOR, cos fabrilistas Edu Expósito e Francis, Pepe Mel dispuxo dun adestramento de intensidade, con quecemento, fútbol en espazo reducido e un circuíto físico con remates a portaría.

Os convocados para o choque ante o Eibar viaxan esta tarde a Bilbao, segundo este plan de viaxe:

Sábado 14 de outubro
18:00 Saída do voo do Aeroporto da Coruña con destino Bilbao
19:15: Chegada aproximada ao Aeroporto de Bilbao e traslado ao hotel Silken Indautxu

Domingo 15 de outubro
12:00: Eibar- Deportivo, en Ipurúa
Ao finalizar, comida no Hotel Silken Indautxu
18:00: Saída do voo do Aeroporto de Bilbao con destino ao Aeroporto da Coruña
19:20: Chegada aproximada ao Aeroporto da Coruña

Tras o partido, todo o equipo está citada de novo en Abegondo o martes 17 ás 10:30 horas.