RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Lucas subliña que vén 'con toda a ilusión do mundo, como o primeiro día'

Lucas Pérez éntrenseó esta mañana en Abegondo, co obxecto de recuperar esa semana que estivo na Coruña mentres se concretaron as negociacións para a súa volta. Regresa o atacante coruñés a Riazor ilusionado, feliz

"A miña carreira está a progresar vindo para a miña casa", esgrime Lucas como principal argumento para regresar ao Dépor. "Hai que xogar e ser feliz na vida, porque se es feliz, xogas onde queres, vaiche a saír todo mellor. É máis fácil", engade.

Confesa que vén "coa ilusión do primeiro día. Non veño prometer nin goles nin nada. O único que veño prometer é traballo, volver con este grupo que polo que vexo quedáronse moitos compañeiros meus. É unha honra volver con Manuel Pablo, Lopo, Fabricio, que espero que renove... E moitos máis xogadores como Juan Domínguez. Para min é unha alegría, son grandes persoas. Laure tamén, como capitán. Para min é un pracer volver a casa".

Insiste en que vén "con toda a ilusión do mundo, como o primeiro día, e a lograr a salvación moito antes, que non se nos pare o corazón nin a min nin a ninguén máis".

Cre Lucas que o Deportivo "asinou ben neste mercado". Pon como exemplo neste sentido a Arribas, Navarro, Cani, Cartabia, Luís Alberto... "Somos un bo equipo. Non imos comparalo co do ano pasado. Son anos distintos, situacións diferentes. É ilusionante a tempada e a salvación espero que sexa canto antes", subliña.