RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

O Dépor arrinca a semana pensando no partido tan importante que temos este finde

O Dépor arrincou esta mañá a semana de adestramentos, segundo apuntou Raúl Alcaina "pensando no partido tan importante que temos este finde", con motivo da visita a Las Llanas de Sestao este sábado 4 de maio ás 18:00 (FEF TV).

Os titulares o pasado domingo ante o CD Arenteiro realizaron unicamente no céspede a activación e os rondos, antes de pasarse a tarefas de recuperación.

Para os demais futbolistas, incluídos os canteiráns Rubén López e Martín Ochoa, houbo ademais un exercicio de posición con porterías pequenas, finalizacións e fútbol reducido para concluír.

Alcaina lembra que "levamos moi boa serie" en alusión aos 15 partidos que o Dépor leva sen perder: "Obviamente queriamos gañar (o pasado domingo) pero non se nos deu. Agora imos ver os erros que se cometeron, a corrixilos, tentar non repetilos e só pensando en Sestao". 

De feito, sobre os dous goles encaixados a balón parado "dáslle volta porque obviamente queremos mellorar en todas as facetas do xogo. Co corpo técnico, seguramente o revisaremos, adestrarémolo e seguro que o melloraremos", engadiu.

Hugo Rama está con traballo personalizado e Ximo Navarro completou boa parte do traballo tal e como estaba previsto polos Servizos Médicos.

Mañá mércores 1 de maio Os Nosos adestraranse de novo a partir das 11:00, con almorzo previo para o cadro ás 8:30.

📸GALERÍA DE FOTOS EN FACEBOOK