Luis Ruiz incorporouse esta mañá ao traballo de grupo, na única sesión do Dépor prevista para hoxe venres 18 de outubro.
O adestramento comezou na sala de vídeo; continuou no ximnasio con estiramentos; e finalizou no céspede, con rondos, traballo táctico e repaso de accións a balón parado no campo 2 dirixido por Luis César.
Así pois, só Somma e David Simón está agora mesmo con traballo específico, á marxe dos seus compañeiros.
Esta mañá, os fabrilistas Boian, Mujaid, Gandoy, Bourdal e Valín adestráronse co primeiro equipo.
Mañá sábado, o cadro está citado ás 10:30 horas en Abegondo para realizar a última sesión de adestramento previa ao partido deste domingo 20 de outubro en ABANCA-RIAZOR ante o Málaga CF (16:00 horas, #Vamos).