RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Máis de 3.000 entradas vendidas para #ONosoDerbi

Coas entradas despachadas ao longo do día de hoxe na Oficina de Atención ao Deportivista, xa son máis de 3.000 as entradas vendidas para o Dépor-Celta do 23 de decembro ás 18:30 horas en Abanca-Riazor. Con estas cifras, están a piques de cubrirse xa 30.000 localidades do estadio, xa que a esas máis de 3.000 entradas hai que unir os asentos ocupados polos abonados do Club (a día de hoxe 27.118, 26.471 deles con acceso ao campo e 647 socios amigo).

#ONosoDerbi foi nas últimas temporadas o partido con maior afluencia, superando sempre a barreira dos 30.000 asistentes. Aínda é posible comprar entradas para o partido do próximo día 23 de decembro.

Para adquirir as localidades os afeccionados deben achegarse á Oficina de Atención ao Deportivista, que se atopa aberta de luns a venres de 10:00 a 13:30 e de 16:30 a 19:00 horas. O día do partido as entradas soamente estarán á venda nos despachos de billetes do Palacio dos Deportes de Riazor a partir das 11:00 horas.

Tamén hai dispoñibilidade de localidades VIP na área 1906. Para máis información respecto diso, contactar con atencion.deportivista@rcdeportivo.es .

As entradas de público tamén poden comprarse online aquí

Prezos das entradas de público para o Dépor-Celta (sábado 23 de decembro , 18:30 horas):