RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

Máis de 700 deportivistas animarán ao equipo no Sadar no sétimo desprazamento apoiado polo Club

#ANOSAFORZA tratará de empuxar cara á permanencia matemática ao conxunto branquiazul no estadio do Sadar, onde algo máis de 700 afeccionados deportivistas presenciarán o encontro ante o Osasuna mañá domingo a partir das 12:00 horas. Moitos deles, ademais, forman parte dalgunha das 45 peñas que terán representación nas bancadas do recinto pamplonica.

As agrupacións que estarán presentes na capital navarra son: Verín-Pablo Amo, Ribadeo, O Barómetro, Chaflán, Rebumbio, Barcelona, Bodipo, Viveiro, Rouba Risóns, Manolito, Miau Miau, Jaballi, La Cuesta, Os Que Faltaban, Camping Mariñana, Alfoz, A Tablilla, O Previo, Teixeiro, Rubia Galega, Burela, La Estrella, Manuel Pablo, Santiago, Fernando Vázquez, Anduriña-Llodio, Cheka, Ventorrillo, A Gaiteira, Brigantium, Os Mariñeiros, O Boi, Orgullo Koruño, Torre de Celas, Faluya-Juan Domínguez, Chamberí, Deivy, Bicho-Ribera, Perla de Arousa, Djalminha, 1906-Cazolo Furado, La Cabaña del Cazador, A Moa, O Roxo e Trintxerpe.

O desprazamento a Pamplona é o sétimo financiado esta temporada polo RC Deportivo ás peñas branquiazuis tras as viaxes a Granada, Oviedo (Dépor Abanca), Vitoria (Copa do Rei), Bilbao, Sevilla e San Sebastián. Esta política de apoio, da que esta temporada xa se beneficiaron uns 2.700 afeccionados, é unha firme aposta do Club para dar todas as facilidades posibles para que os seguidores poidan acompañar ao equipo no maior número de campos e coa maior representación de seguidores posible.