RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Máis de trinta participantes nas primeiras semanas da Escola RC Deportivo en Outes

O pasado mércores 3 de novembro comezaron os adestramentos da Escola RC Deportivo en Outes baixo a supervisión dos adestradores da canteira do RC Deportivo.

Máis dunha trintena de participantes iniciaron os seus adestramentos individuais nas instalacións do campo de fútbol municipal do Conchido. O primeiro día todos eles puideron ser avaliados tecnicamente polos adestradores do Dépor e o mércores 10 recibiron o seu equipamento oficial Kappa da Escola RC Deportivo.

Esta actividade realízase por primeira vez na devandita localidade grazas á colaboración a tres bandas entre a Fundación Real Club Deportivo, as Escolas Luis Calvo e o Outes CF.

Os adestramentos levaranse a cabo todos os mércores en dúas quendas horarias, de 17:30 a 18:30 e de 18:30 a 19:30 horas. A actividade está destinada a nenos e nenas entre os 6 e os 14 anos, independentemente do seu nivel de práctica ou experiencia en fútbol.

As inscricións atópanse permanentemente abertas, até o mes de maio, na web escola.rcdeportivo.es/gl. A participación mínima na actividade é dun mes.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa matrícula así como información acerca da actividade, os interesados poden contactar no correo electrónico escola@rcdeportivo.es.