RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mañá de recuperación en Abegondo para os titulares onte en La Rosaleda

Os futbolistas titulares onte en La Rosaleda tiveron esta mañá en Abegondo unha sesión de recuperación, cun quecemento e fútbol tenis. Quedaron no ximnasio, debido a senllas contusións sufridas no partido, Borja Valle e Diego Caballo.

Para os demais membros do primeiro cadro, co fabrilista Álex Cobo, Natxo González dispuxo ademais de posesión de balón, unha tarefa de remates a portería e, para concluír, fútbol en espazo reducido, de alta intensidade.

Carlos Fernández retirouse antes que o resto por prevención. Só está á marxe do grupo Krohn-Dehli.

Mañá martes haberá xornada de descanso. O equipo volve aos adestramentos o mércores 27 de febreiro ás 11:00 en Abegondo.