RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mañá de recuperación para os deportivistas titulares en Vilarreal

O Deportivo arrancou hoxe a semana de adestramentos de cara ao encontro ante o Valencia no Estadio ABANCA-RIAZOR, previsto para este sábado 13 de xaneiro ás 20:45 horas (Bein LaLiga), pertencente á 19ª e última xornada da primeira volta de LaLiga Santander.

Os futbolistas titulares o pasado domingo en Vilarreal (Juanfran, Luisinho, Sidnei, Albentosa, Mosquera, Borges, Guilherme, Adrián, Andone e Carles Gil) realizaron só a primeira parte do adestramento: quecemento e exercicio de posesión. A continuación tiveron tarefas de ximnasio e tratamento de fisioterapia e masaxe.

O resto do cadro, cos fabrilistas One, Edu Expósito e Francis, completou a mañá cun exercicio de finalizacións e fútbol en espazo reducido.

Adestráronse á marxe Fede Cartabia e Lucas, este co readaptador para superar unha dorsalxia que lle impediu estar a disposición de Cristóbal no encontro da pasada fin de semana.

Mañá mércores, o cadro está convocado en Abegondo para un novo adestramento ás 11:00 horas.