RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Mañá para recargar baterías no Deportivo

Despois dunha semana de intensos e esixentes adestramentos, Cristóbal Parralo dedicou a mañá de hoxe venres a recuperación, para recargar baterías de cara ao encontro deste domingo 21 de xaneiro (16:15 horas, Bein LaLiga) no Estadio Santiago Bernabéu fronte ao Real Madrid, na 20ª xornada de LaLiga Santander.

Así, os futbolistas realizaron un quecemento con xogos e rondos. A partir de aí, algúns quedaron sobre o céspede con lanzamentos a portería e o resto pasouse polo ximnasio, a padiola de masaxe e a zona de augas.

Hoxe estiveron co primeiro equipo os fabrilistas One, Edu Expósito e Lucas.

Mañá sábado, o Dépor realizará a última sesión da semana, será ás 11:00 horas na Cidade Deportiva de Abegondo.